Información sobre o concerto de Abeiro no festival Espazos Sonoros.
Información sobre el concierto de Abeiro en el festiva Espazos Sonoros.
Information about Abeiro concert at the Espazos Sonoros festival.
O festival Espazos Sonoros destaca por escoller como escenarios lugares de especial interese paisaxístico ou histórico para programar concertos de música antiga, clásica e contemporánea. Na presente edición hai unha forte aposta pola perspectiva historicista con grupos como Le Miroir de Musique, Das Kolorit, Reïna Lupa ou o Grupo 1500 e solistas como a violagambista Sara Ruiz. O vindeiro 27 de setembro Abeiro estará no Ecomuseo Forno do Forte, en Malpica, para presentar o seu proxecto RAÍCES.
El festival Espazos Sonoros destaca por elegir como escenarios lugares de especial interés paisajístico o histórico para programar conciertos de música antigua, clásica y contemporánea. En esta edición se hace especial hincapié en el enfoque historicista, con grupos como Le Miroir de Musique, Das Kolorit, Reïna Lupa y Grupo 1500, y solistas como la violagambista Sara Ruiz. El 27 de septiembre, Abeiro estará en el Ecomuseo Forno do Forte, en Malpica, para presentar su proyecto RAÍCES.
The Espazos Sonoros festival is notable for choosing as its venues places of special scenic or historical interest to programme concerts of early, classical and contemporary music. In this edition there is a strong emphasis on the historicist approach, with groups such as Le Miroir de Musique, Das Kolorit, Reïna Lupa and Grupo 1500, and soloists such as gambist Sara Ruiz. On 27 September, Abeiro will be at the Forno do Forte Ecomuseum in Malpica to present its RAÍCES project.
Abeiro é o proxecto do cellista Martín Millán e o guitarrista Xosé Antonio Rodríguez para difundir a música para esa formación dos séculos XX e XXI. Aínda que non é insólito, a formación de dúo de cello e guitarra segue sendo unha fórmula pouco habitual nos escenarios de todo o mundo. Non obstante, hai un magnífico repertorio orixinal de autores ben coñecidos, sobre todo no século XX, e a verdade é que os dous instrumentos son unha fonte moi rica en sonoridades, en timbres e en técnicas que permiten tamén traballar todos os aspectos expresivos da música de cámara.
Abeiro es el proyecto del violonchelista Martín Millán y del guitarrista Xosé Antonio Rodríguez, cuyo objetivo es dar a conocer la música para esta formación a dúo de los siglos XX y XXI. Aunque no es algo inusual, el dúo de violonchelo y guitarra sigue siendo una combinación relativamente poco habitual en los escenarios de todo el mundo. No obstante, existe un magnífico repertorio original de compositores de renombre, especialmente del siglo XX, y lo cierto es que ambos instrumentos constituyen una fuente muy rica de sonoridades, timbres y técnicas que permiten, además, explorar todos los aspectos expresivos de la música de cámara.
Abeiro is the project of cellist Martín Millán and guitarist Xosé Antonio Rodríguez to promote music for this duo formation from the 20th and 21st centuries. Although not unusual, the cello and guitar duo remains a relatively uncommon combination on stages around the world. Nevertheless, there is a magnificent original repertoire by well-known composers, particularly in the twentieth century, and the truth is that the two instruments are a very rich source of sonorities, timbres and techniques that also allow for the exploration of all expressive aspects of chamber music.
O proxecto RAÍCES explora a conexión entre música culta e os elementos que herdou das músicas tradicionais: os ritmos, os modos e as formas. É unha achega a aqueles elementos tradicionais que foron permeando de xeración en xeración, atravesando diferentes xeografías e culturas, para integrarse plenamente nas linguaxes musicais máis innovadoras. O público poderá escoitar repertorio de Jaime Zenamón, Atanas Ourkouzounov, Dusan Bogdanovic, Manuel de Falla e incluso algunha curiosidade de Andrés Gaos.
El proyecto RAÍCES explora la conexión entre la música clásica y los elementos que ha heredado de la música tradicional: ritmos, modos y formas. Es un homenaje a esos elementos tradicionales que se han filtrado de generación en generación, a través de diferentes geografías y culturas, hasta integrarse plenamente en los lenguajes musicales más innovadores. El público podrá disfrutar de un repertorio compuesto por obras de Jaime Zenamón, Atanas Ourkouzounov, Dusan Bogdanovic, Manuel de Falla e incluso algunas curiosidades de Andrés Gaos.
The ROOTS project explores the connection between classical music and the elements it inherited from traditional music: rhythms, modes and forms. It is a tribute to those traditional elements that have permeated from generation to generation, across different geographies and cultures, to become fully integrated into the most innovative musical languages. The audience will be able to hear repertoire by Jaime Zenamón, Atanas Ourkouzounov, Dusan Bogdanovic, Manuel de Falla and even some curiosities by Andrés Gaos.
Pincha na imaxe para máis info.
Pincha en la imagen para más información.
Click on image to more info.